Pequeno álbum de Nova York en inverno
Dous turistas tiran fotos, ámanse, descobren xuntos a cidade, ven caer a neve, deixan o seu rastro sobre ela, escriben e debuxan, pasean polas rúas...
Also Available in:
- Amazon
- Audible
- Barnes & Noble
- AbeBooks
- Kobo
More Details
Dous turistas tiran fotos, ámanse, descobren xuntos a cidade, ven caer a neve, deixan o seu rastro sobre ela, escriben e debuxan, pasean polas rúas e polos museos e visitan librerías infinitas na procura das edicións norteamericanas dos seus libros favoritos. Conversan sobre literatura e sobre cine, fan memoria sobre a súa propia historia e pensan no futuro. Deciden que se cadra estaría ben, e que se cadra sería posible, converterse en pequenos editores.
Pequeno álbum de Nova York en inverno é un libro de debuxos da viaxe que serviu de sementeira para o proxecto Rodolfo e Priscila, editora indecisa. É a carta de presentación do que hoxe é un desexo cumprido e conta unha historia de amor atravesada pola panorámica íntima dunha das cidades máis apaixonantes do mundo.
- Format:Paperback
- Pages:116 pages
- Publication:2021
- Publisher:Rodolfo e Priscila, editora indecisa
- Edition:1
- Language:glg
- ISBN10:8412456211
- ISBN13:9788412456219
- kindle Asin:8412456211







