Avelaíñas eléctricas
O estilo de Sica Romero é rápido, fluído, e encaixa perfectamente coas liñas editoriais ‘máis visuais’ e poéticas que podemos atopar...
Also Available in:
- Amazon
- Audible
- Barnes & Noble
- AbeBooks
- Kobo
More Details
O estilo de Sica Romero é rápido, fluído, e encaixa perfectamente coas liñas editoriais ‘máis visuais’ e poéticas que podemos atopar actualmente no mercado do libro. Visual, porque mentres lemos a súa novela creamos esa imaxe na nosa cabeza; e poética, porque aínda que os versos non representen máis que unha vixésima parte da obra, resoan ó longo de toda a prosa.
A obra trata con delicadeza e agarimo os distintos temas universais e ancestrais, como son: a violencia, o amor, a amizade, a responsabilidade, a ética, o sexo/a sexualidade, a discriminación, a diferenza, as drogas/as adiccións, etc. Temas presentes tamén nos poemas de Rosalía de Castro que introducen cada un dos capítulos de Avelaíñas eléctricas. Polo tanto, a novela que publicamos pode empregarse como ferramenta pedagóxica e de reflexión para a propia lectora e/ou como ferramenta para iniciar debates en calquera ámbito social.
- Format:Paperback
- Pages:220 pages
- Publication:2022
- Publisher:Néspera Editora
- Edition:
- Language:glg
- ISBN10:8412553608
- ISBN13:9788412553604
- kindle Asin:8412553608







